Chega a primavera a Villa Florentina
DOMINGO 24 / 18.00 h
O domingo 24 de marzo, ás 18.00 h, celebramos o Día da Natureza e da Poesía cun programa que inclúe lectura de poemas, a música do coro Arumes da Fraga e unha plantación e identificación de especies do xardín de Villa Florentina.
Todas as persoas que queiran achegarse e ler un poema da súa elección relacionado coa Natureza poderán facelo.
SÁBADO 30 / 20.00 h
Tarde de teatro co grupo Fas-que-Fas (Asociación Cambre Theatro Amador), que representará unha adaptación da obra Pecata minuta, de Ramón Barea.